A Consellería do Mar resolve o problema da vixianza da Reserva Mariña

18/03/2011.- No día de hoxe a Consellería do Mar prantexou unha solución a problemática xerada ante a perda do servizo de vixianza na Area Mariña Protexida de Interese Pesqueiro Coxestionada de “Os Miñarzos”. Desde a confraría de Lira valorase positivamente o esforzo realizado pola consellería nos últimos días para solventar un problema que estaba a causar un profundo malestar entre os usuarios da reserva.

O Patrón Maior da confraría, José Antonio Insua Caamaño agradece que se axilizasen ás xestións para evitar que a zona delimitada como reserva quedase sen servizo durante varios días, xa que eso facilitaría a presenza de furtivos da zona, que xa se deixaban ver nos últimos días polas inmediacións do porto, coñecedores do remate do contrato de vixianza no día de onte 17 de marzo, e que provocou que mariscadores e mariñeiros afectados vivisen con inquedanza as últimas horas. Que a zona quedase sen efectivos para realizar a vixianza suporía, con toda seguridade, un serio revés para a situación dos recursos pesqueiros e marisqueiros como o percebe, a centola e mesmo as zonas declaradas como reservas integrais que podían ser obxetivo da acción dos furtivos . O traballo de 4 anos, desde que se ten decretada a reserva podía botarse por terra en moi pouco tempo, e con elo enterraríanse as ilusións que o sector pesqueiro ten depositado nun proxecto que xa está dando resultados aínda que se leve un corto espazo de tempo desde a súa creación.

Aínda que a proposta prantexada non acada o nivel de servizo que se viña prestando na actualidade, e conscientes da coxuntura económica que se está a vivir, considerase unha proposta aceptable.

A aposta por unha pesca sostenible prantexada desde o sector debe ser apoiada con determinación pola administración pesqueira, dispondo dos mecanismos necesarios para garantir un futuro mellor para as comunidades pesqueiras artesanais, que na actualidade están atravesando por unha delicada situación (incremento prezos comustible, reducción de cotas, baixos prezos do peixe. Etc.).

Cando na actualidade se está a debatir a reforma da PPC é cando temos que demostrar que os pescadores somos protagonistas necesarios, capaces de levar a cabo, en réxime de coxestión, xunto coa administración pesqueira, ferramentas de xestión que polo seu deseño están servindo de modelo en distintos puntos do estado español e mesmo a nivel mundial. Un claro exemplo delo son as multiples mostras de apoio que se recibiron nos últimos días na confraría de Lira disde distintos ámbetos, comunidades pesqueiras de Brasil, Arxentina, Mediterráneo, o ICSF (Colectivo Internacional de Apoio a Pesca Artesanal) ONGs medioambientalistas (OCEAN 2012, WWF, Greenpeace, Oceana, Ecoloxistas en Acción), e multitude de apoios amosados por distintas vías a título individual (cartas, redes sociais…). A confraría quer agradecer o apoio recibido e as mostras de cariño hacia un proxecto que se está a construir entre todos e do que todos nos imos sentir orgullosos.

Desde a confraría de Lira apuntase que a situación vivida nestos días de incertidume sobre o futuro da vixianza non pode volver repetirse, ao igual que o acontecido no pasado ano, e prantexan que as solucións deben ter continuidade no tempo, xa que este tipo de ferramentas de xestión que son as áreas mariñas protexidas teñen que ter garantido o seu financiamento por períodos longos do tempo e non ir pechando acordos e chegando a solucións “in-extremis” . Tamén se considera que hai fórmulas para o abaratamento do servizo como e a dotación de dispositivos de control abordo das embarcacións censadas, que facilitaría enormemente o control e que reduciría o número de efectivos necesarios para realización da vixianza. Para elo a confraría de Lira, pon a disposición da administración un sistema de control deseñado con fondos aportados por WWF e que esta organización facilita a confraría para melloralo servizo de control e vixianza.

A confraría de pescadores de Lira quer reiterar o agradecemento a Consellería do Mar polo esforzo feito nos últimos días para restitución do servizo de vixianza.

Para mayor información:
http://www.laopinioncoruna.es/mar/2011/03/09/reservas-papel/474891.html

Temas relacionados

, , , , ,